miércoles. 21.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 21.10.2020
El tiempo

Sanidade impón restricións a Vilagarcía e Milladoiro para frear o avance do covid

Un cartel recorda o uso obrigatorio de máscara. EFE
Un cartel recorda o uso obrigatorio de máscara. EFE
As reunións limítanse a 10 persoas como máximo e en hostalería queda prohibido o consumo en barra

O comité clínico que asesora á Xunta en medidas para previr a expansión da covid-19 decidiu impor as medidas restritivas vixentes en varios municipios galegos ao concello de Vilagarcía ante a maior incidencia do virus rexistrada nos últimos días. Nestas áreas estará vixente a limitación de aforamentos ao 50% en establecementos comerciais, de restauración ou de hostalería, así como a redución en celebracións, velorios e lugares de culto. En hostalería está prohibido o consumo en barra e as reunións limítanse a 10 persoas como máximo. 

Ademais, o comité deu o visto e prace á prolongación das medidas en Silleda, Lalín, Poio, Pontevedra, Vilaboa, Marín, Santiago, Lugo, Ourense e Verín, así como nalgúns barrios da cidade da Coruña. 

Doutra banda, o comité tamén decidiu estendelas á zona do Milladoiro, na contorna de Santiago de Compostela, e implantar as restricións especiais do barrio do Couto, en Ourense, a outras rúas da cidade. 

Así, desde esta medianoite, a cidade de Ourense verá ampliada a súa área de restricións especiais, xa vixentes nunha parte do barrio do Couto (concretamente nas rúas Antonio Puga, Doutor Fleming, Xesús Soria e Avenida de Portugal). Estas medidas de maior intensidade, que no seu día tamén afectaron o barrio lucense da Milagrosa e ao municipio de Arteixo, implican —ademais das restricións xenéricas— a limitación de reunións privadas ou na rúa a un máximo de cinco persoas, que tamén é o grupo máximo que se pode atender en negocios de hostalería. Cafeterías e bares non poden servir no interior. 

En canto ás medidas xerais, o comité decidiu incluír a Vilagarcía nos concellos con restricións vixentes, así como algunhas rúas da zona do Milladoiro, no Concello de Ames. Neste último caso, inclúense os dous lados da Avenida Rosalía de Castro e a rúa Anxeriz, nas interaccións coas rúas Raxoeira, Pardiñeiros e Figueira. 

Sanidade impón restricións a Vilagarcía e Milladoiro para frear o...
Comentarios