domingo. 24.01.2021 |
El tiempo
domingo. 24.01.2021
El tiempo

Sanidade recomendeu non bañarse nunha vintena de praias galegas polos niveis de E. coli e enterococos intestinais

Playa de Nanín, en Sanxenxo. RAFA FARIÑA
Playa de Nanín, en Sanxenxo. RAFA FARIÑA
Os elevados niveis detectados nos areais da provincia revelan a existencia de contaminación microbiolóxica nas súas augas

A Consellería de Sanidade fixo unha recomendación de non bañarse nun total de 21 praias galegas no que vai de mes de agosto debido aos niveis elevados de Escherichia coli e de enterococos intestinais. Os episodios xa están resoltos.

De acordo cos datos dos controis realizados nas augas das praias, os niveis situáronse por encima de 1.000 NMP (número máis probable) por 100 mililitros, no caso do E. coli, e de 600 NMP, no dos enterococos intestinais, nunha vintena de praias marítimas e noutras cinco continentais.

Por encima desas cifras considérase que existe contaminación microbiológica e pídese aos cidadáns que non se bañen. Nestes casos, a Consellería avisa aos concellos afectados para que se instalen paneis informativos nas praias

As análises detectaron niveis elevados en 12 areais da provincia da Coruña, en tres da de Pontevedra e en catro da de Lugo. Nesta última provincia, os avisos afectan á praia de Rueta, en Cervo; ás de Arealonga e Pampillosa, en Foz; e á de Arealonga-O Vicedo, no Vicedo.

En Pontevedra as análises detectaron cifras altas o 2 de agosto en Manín, en Sanxenxo, e o 12 do mesmo mes na praia de Preguntoiro, en Vilagarcía de Arousa, e na de As Patiñas, en Vilanova de Arousa. A examinación realizada este martes revela índices de contaminación microbiolóxica nos areais de Baltar e Caneliñas, en Portonovo, e na praia da Panadeira, en Sanxenxo.

En canto á provincia da Coruña, a recomendación de non bañarse afecta o areal de Estorde, en Cee; aos de As Lapas, Matadoiro, Orzán e Oza- Lazareto, na Coruña. Ademais, en Riazor as análises detectaron uns niveis de 600 NMP de enterococos intestinais o pasado 12 de agosto, o que desaconsella o baño.

Os resultados tamén recomendan non bañarse en Bastiagueiro, Mera, Naval-Santa Cruz, na zona de Santa Cristina Dereito e na de Santa Cristina Desaguadoiro do Río e a de Santa Cruz Porto, en Oleiros.

A estas praias súmanse as fluviais de San Xoán, en Arbo (Pontevedra); a do río Escádebas, na área recreativa de Os Sete Muiños, en Guitiriz (Lugo); a do río Tronceda, na área recreativa Coto da Recadeira, en Mondoñedo (Lugo); a do río Navia, en Navia de Suarna (Lugo); e a da área recreativa de Chao de Pousadoiro, en Ribeira de Piquín (Lugo).

Ademais, de acordo cos datos de Sanidade, hai 14 praias marítimas pechadas ao baño de forma permanente na Comunidade por ter unha clasificación sanitaria insuficiente durante cinco tempadas consecutivas e unha máis, a de Sacido, en Viveiro (Lugo), está pechada de forma temporal.

Sanidade recomendeu non bañarse nunha vintena de praias galegas...
Comentarios