Santalices: "A Feijóo non lle queda máis remedio que ser candidato de novo"

O presidente do Parlamento galego pide ao alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, que se desculpe por chamar "chacha para todo" a Carmela Silva

Santalices e Feijóo. EFE
photo_camera Santalices e Feijóo. EFE

O presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, vaticinou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentarase de novo ás eleccións en Galicia en 2020 porque "non lle queda máis remedio". 

Nunha entrevista na Cadena Ser insistiu en que ao presidente "non lle queda máis remedio porque Feijóo débese a Galicia" e o xefe do Executivo autonómico e líder do seu partido ten "unha característica que é que el sempre antepuxo Galicia por encima de todo". 

Ademais, continuou, o Xacobeo ten que estar "ben organizado" e con ese asunto "non se pode xogar" e, ademais, sinalou xa é "toca dentro doutro mandato".

Miguel Santalices pediu, ademais, ao alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, (PP) que se desculpe por chamar "chacha para todo" a Carmela Silva. 

Ademais, considerou que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, (PSOE), debería "pedir desculpas tamén por determinadas expresións que utiliza con determinada frecuencia". 

Comentarios