Santiago é a cidade galega con maior carga poboacional en verán

A costa pontevedresa, Modariz Balnario ou Barreiros son os municipios que soportan un maior incremento con respecto aos seus habitantes 
Aspecto que presenta estos días la compostelana plaza del Obradoiro, muy poblada sobre todo en jornadas con tiempo inestable. PEPE FERRÍN
photo_camera Plaza do Obradoiro. PEPE FERRÍN

Santiago de Compostela é, das sete cidades galegas, a que rexistra unha maior carga poboacional durante o verán, un período no que a poboación presente e non residente supón case o 20% dos seus habitantes.

Así o reflicte a estatística de carga poboacional publicada este luns polo IGE, con datos recollidos en 2017, e na que se pode observar que son as grandes cidades, a costa pontevedresa e algún destino como Barreiros, en Lugo, os que reciben máis cantidade de poboación non residente durante o verán, a causa do turismo.

Neste sentido, segundo a estatística, durante o verán de 2017 o municipio que rexistrou unha maior carga poboacional foi Sanxenxo, onde o incremento de persoas supuxo un 186% do seu habitantes habituais.

Do mesmo xeito, o concello de Mondariz Balneario, de só 692 residentes, recibiu 1.122 persoas, o que supón unha taxa de carga poboacional de 162,14; mentres que O Grove mantívoa no 143.88.

Lonxe dos grandes centros das Rías Baixas, o municipio lucense de Barreiros, de 2.971 habitantes, soporta durante o verán unha carga poboacional do 136,65%, mentres que A Teixeira, un pequeno concello ourensán marcado pola emigración, crece un 135%.

FLUXOS DE POBLACIÓN NO VERÁN

Durante o terceiro trimestre do ano 2017, o que se corresponde co verán, os concellos con maior saldo poboacional foron as cidades de A Coruña, Ourense, Vigo, Pontevedra, Lugo e Santiago, ademais dos municipios de Sanxenxo, O Grove, Nigrán e Baiona.

Os fluxos de poboación no verán, con todo, afectan o conxunto dos municipios galegos. Así, durante o primeiro, segundo e cuarto trimestre de 2017, a maioría dos concellos tiveron un saldo poboacional negativo, máis de 230, o que supón que sae máis poboación deles da que chega. Con todo, no terceiro trimestre a situación invístese, e o saldo poboacional é positivo en máis de 250 municipios.

En canto ás cidades, Santiago é a que rexistra, durante o verán, un maior incremento da súa poboación, próximo ao 20 por cento. Esta carga poboacional débese, en primeiro lugar, aos desprazamentos por traballo, seguidos do peso do turismo, a influencia das segundas vivendas, os estudos e os motivos de saúde.

En relación ao resto de cidades, ten un peso especial o traballo en Vigo, A Coruña e, en menor medida, Ferrol, mentres que en Pontevedra a maior influencia exércena as segundas vivendas, do mesmo xeito que en Ourense e en Lugo.

É destacable, en relación ao resto do ano, a influencia na carga poboacional que teñen os estudantes que se desprazan á Universidade de Santiago, que supoñen case a metade da carga neste ámbito durante os outros tres trimestres e manteñen as cifras en Compostela sobre o 20% durante todo o ano.

Comentarios