Santiago estuda introducir unha taxa municipal aos excursionistas

Esta medida busca consolidar a capital galega como un destino turístico sostible

Turistas facendo cola para entrar na Catedral de Santiago. PEPE FERRRÍN
photo_camera Turistas facendo cola para entrar na Catedral de Santiago. PEPE FERRRÍN

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Marta Lois, e a xerente de Turismo, Flavia Ramil, comentaron este luns a posibilidade de introducir un gravame municipal aos excursionistas -quen pase menos de 24 horas- para que poidan "contribuír con pequenos custos" ao mantemento da cidade.

As principais liñas de actuación do Plan Estratéxico de Turismo de Santiago 2017-2022, presentado este luns e elaborado a partir dun proceso participativo, segundo defende o equipo de goberno, buscan consolidar á capital galega como un destino turístico sustentable.

A visión do Plan Estratéxico, segundo sinalou a edil de Turismo en rolda de prensa, é conformar o que será o turismo compostelán máis aló do Ano Santo 2021, "cunha mirada a longo prazo baseada na sustentabilidade turística en tres niveles: social, económico e ambiental".

O gran obxectivo do Plan é facer de Santiago un destino sustentable, mellorando o entendemento entre turismo e poboación, conseguindo a xeración de riqueza e unha actividade económica de maior calidade, aumentando a competitividade e a rendibilidade do sector.

Para iso, entenden necesario que todos os visitantes da cidade deixen beneficio niso, e neste sentido estudan o cobro dun gravame municipal ás persoas que pasen menos de 24 horas na cidade, aínda que é un punto para "concretar" nos próximos meses.

O obxectivo é establecer unha taxa coa que os visitantes poidan "contribuír con pequenos custos" tanto en tempada media como baixa. 

Comentarios