viernes. 25.09.2020 |
El tiempo
viernes. 25.09.2020
El tiempo

Santos chama a reformular En Marea porque "non funcionou"

La secretaria general de Podemos Galicia, Carmen Santos. XOÁN REY (EFE)
La secretaria general de Podemos Galicia, Carmen Santos. XOÁN REY (EFE)

A líder de Podemos Galicia considera que no actual modelo non ven representadas "todas as sensibilidades"

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, fixo un chamamento ao resto de partidos o espectro de esquerdas en Galicia para "reformular" En Marea, que demostrou que baixo a fórmula de partido instrumental foi un proxecto "que non funcionou".

A líder da formación morada en Galicia manifestouse deste xeito en rolda de prensa logo de participar no encontro En Marcha 2019 de Podemos que reuniu en Madrid a máis de 3.000 militantes nun encontro para preparar o ciclo electoral de 2019 e no que se acordou reivindicar ao partido que dirixe Pablo Iglesias como "o principal significante do cambio desde 2014".

Neste sentido, Santos incidiu en defender a fórmula da coalición pola que ela sempre apostou, "desde a humildade e a xenerosidade" pero respectando os espazos políticos de cada partido, afastándose así do partido instrumental que, ao seu xuízo, non resultou beneficioso.

Santos aludiu ao incidente protagonizado pola deputada Paula Quinteiro e que evidenciou as diferentes posturas no seo do partido, como o exemplo da necesidade de reformular "e reconstruír un proxecto que non funcionou" porque non recolle todas as sensibilidades, xa que Podemos non está integrado na formación a pesar de que si forma parte do grupo parlamentario.

Ao seu xuízo, é o momento de abrir "un novo marco" que dea lugar a unha fórmula na que se represente a "pluralidade" existente nas formacións rupturistas pero sen que iso signifique diluírse nunha marca única.

Para iso aposta por "fusionar" o proxecto de coalicións polo que apostan uns co modelo de partido instrumental acordado en Vigo polo que apostan outros.

"Se queremos que Podemos estea nun futuro, hai que buscar posicións en común", esgrimiu Santos que en todo caso considera que "o espazo segue sendo o mesmo" porque as bases e nexos de unión seguen sendo similares nos partidos impulsores da confluencia.

Santos considerou así que os aliados prioritarios de Podemos en Galicia son "Esquerda Unida e as mareas", dixo sen citar a Anova ao entender que o partido fundado por Xosé Manuel Beiras, xa apostou "por diluírse coas mareas municipais".

Santos chama a reformular En Marea porque "non funcionou"
Comentarios