O estado de saúde de Julio Araújo empeora

O que fora parella de Sonia Iglesias sofre neumotórax

David y Julio Araújo. DAVID FREIRE
photo_camera David y Julio Araújo. DAVID FREIRE

A saúde de Julio Araújo, exparella de Sonia Iglesias e a quen a Policía investiga por homicidio, empeorou nas últimas horas. O pontevedrés sofre neumotórax e atópase ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Chus).

Esta patoloxía pulmonar, que fixo que Araújo fose derivado de Montecelo ao Chus, consiste na presenza e acumulación de aire na cavidade da pleura. Nas últimas horas complicaríase, segundo apuntan algúns medios, e o seu estado sería "crítico".

O pontevedrés ingresou en Urxencias o pasado xoves, apenas unhas horas despois de participar no rexistro da casa na que viviu hai anos con Sonia Iglesias, afectado dun proceso respiratorio severo.

O seu avogado, Jesús Santaló, restáballe o luns importancia á enfermidade que sofre o seu cliente. "Non é unha doenza grave, pero determinouse o seu ingreso porque estaba nun proceso agudo", apuntaba o letrado en Espejo Público.