viernes. 07.08.2020 |
El tiempo
viernes. 07.08.2020
El tiempo

A Semana Santa non cumpriu as "altas expectativas" do sector turístico galego

Turistas en Lugo. XESÚS PONTE
Turistas en Lugo. XESÚS PONTE

O clúster fai un balance "positivo" dada a climatoloxía

O sector turístico galego fixo un balance "positivo" dos resultados da Semana Santa na comunidade, a pesar de que as "difíciles condicións climatolóxicas" provocaron que non se cumprisen as "altas expectativas". 

A falta de recompilar os últimos datos, o sector considera que se pode falar dun rango de ocupación media a nivel galego que se situaría na pinza de entre o 65% e o 80% do total das prazas ofertadas.

"Non se cumprirían así as altas expectativas xeradas en base á tendencia crecente nos últimos exercicios, pero as cancelacións non foron tan altas como cabería esperar, especialmente se temos en conta as malas condicións do Xoves e Venres Santo, polo que desde o Clúster Turismo de Galicia considérase que o sector aprobou este primeiro exame da tempada con bastante boa nota", indicaron.

A ocupación media situaríase na pinza de entre o 65% e o 80% do total de prazas ofertadas

Para o Cluster, nesta situación, Galicia respondeu "moi ben como destino turístico", demostrando que é "un destino multiexperiencial que non depende do sol e praia", se non que "ofrece un amplo abanico de experiencias turísticas que van desde o termalismo á enogastronomía para responder as expectativas dos viaxeiros", asegurou o presidente do CTG, Francisco González. 

A nota máis positiva nesta semana Santa marcada pola climatoloxía foi en Ourense, Ferrol e a Mariña Lucence (especialmente Ribadeo), onde as ocupacións chegaron ao 90% grazas ao turismo relixioso, termal e de neve. Santiago e Lugo tamén superaron o 80% de ocupación, A Coruña alcanzou o 75%, mentres que a provincia de Pontevedra roldou o 70%.

No relativo aos prezos, mantivéronse a tendencia "crecente", aínda que algúns establecementos realizaron ofertas de última hora para lograr mellorar a ocupación e contrarrestar caídas. As cancelacións "foron menores do previsto". 

A Semana Santa non cumpriu as "altas expectativas" do sector...
Comentarios