miércoles. 20.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 20.10.2021
El tiempo

A Semana Santa de Santiago, a Feira do Butelo da Fonsagrada e a Festa do Caldo de Mourente xa son de interese turístico

Feira do Butelo da Fonsagrada de 2017. J. VÁZQUEZ
Feira do Butelo da Fonsagrada de 2017. J. VÁZQUEZ

O obxectivo do Executivo é "desestacionalizar e descentralizar" o turismo en Galicia

O Consello da Xunta declarou como festas de interese turístico de Galicia a Semana Santa de Santiago, a Feira do Butelo da Fonsagrada e a Festa do Caldo Galego en Mourente.

O Goberno galego deu luz verde a estas declaracións co obxectivo de desestacionalizar "e descentralizar" o turismo en Galicia.

A Comunidade conta xa con 141 festas de interese turístico, das que 120 son de interese turístico de Galicia, 12 de interese turístico nacional, e 9 de interese turístico internacional.

As tres festas recoñecidas este mércores teñen lugar "entre o inverno e as primeiras semanas da primavera", o que contribúe á desestacionalización da demanda, dixo Núñez Feijóo.

Indicou que esta decisión se corresponde coa Estratexia do Turismo de Galicia 2020, que avoga pola potenciación dos valores diferenciadores da oferta turística da Comunidade, cun extenso acervo cultural.

Neste sentido, destacou a colaboración cos concellos e co resto de entidades locais que está a favorecer a diversificación desta actividade por todo o territorio galego.

Respecto diso, o presidente da Xunta puxo en valor os resultados obtido neste sector e destacou que no primeiro trimestre do ano o número de turistas na Comunidade subiu un 7% e superaron os 636.000, mentres que as pernoctaciones creceron un 10%, ata preto das 1,2 millóns.

"As cousas están a pintar ben" a pesar das condicións meteorolóxicas adversas dos primeiros meses de 2018, celebrou o xefe do Executivo autonómico. 

A Semana Santa de Santiago, a Feira do Butelo da Fonsagrada e a...
Comentarios