Jueves. 16.08.2018 |
El tiempo
Jueves. 16.08.2018
El tiempo

O Seprona rescata unha raposa que un veciño de Cangas tiña en casa para adestrar os seus cans de caza

El zorro retenido en cautividad por un vecino de Cangas. DP
El zorro retenido en cautividad por un vecino de Cangas. DP

O home, denunciado polo Seprona, terá que afrontar unha sanción de entre 601 e 6.000 euros

 

A Patrulla do Seprona da Garda Civil de Cangas denunciou un veciño do municipio, que podería incorrer nunha infracción grave á lei de caza por ter un animal silvestre en catividade. Trátase dun raposo vivo, que o home capturara meses antes no interior do galiñeiro anexo á súa casa. Segundo relatou, tíñao retido para utilizalo como parte do adestramento dos seus cans de caza, sen ningún tipo de autorización administrativa.

Ante estas circunstancias, o Seprona procedeu á incautación do animal, unha femia que tiña no seu pescozo unha correa e estaba suxeita por unha cadea metálica que utilizaba o seu posuidor para evitar que se escapase. Unha vez recuperado o animal, foi trasladado ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cotorredondo, ao obxecto de que poidan valorar o seu estado e posible readaptación ao seu medio natural.

A actuación da Garda Civil concluíu denunciando a este veciño de Cangas como presunto autor dunha infracción grave tipificada na Lei de Patrimonio Natural e da Biodiversidade, en concordancia coa vixente Lei de Caza de Galicia. A denuncia formulada remitiuse á Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra, que será o órgano competente para incoar o correspondente expediente sancionador, do que puede derivar unha sanción económica desde 601 a 6.000 euros.

O Seprona rescata unha raposa que un veciño de Cangas tiña en casa...