Un septuaxenario, presunto autor dun incendio en Celanova

O lume tivo lugar o pasado mércores ás 18.00 horas e afectou a 1,2 hectáreas de monte baixo

 

 

A Garda Civil tomou declaración en calidade de investigado a un home de 78 anos e veciño da parroquia de Moimenta, no municipio ourensán de Celanova, como suposto autor dun incendio forestal que se orixinou nunha queima que non contaba coa pertinente autorización. Segundo informou o instituto armado, o lume tivo lugar o pasado mércores ás 18.00 horas e afectou a 1,2 hectáreas de monte baixo. 

As mesmas fontes sinalaron que se produciu debido a "unha neglixencia" nunha queima non autorizada. As dilixencias en torno ao investigado, identificado as iniciais A.V., foron remitidas ao xulgado de Celanova.