O Sergas convoca o concurso para 148 prazas de enfermaría pediátrica

 O concurso anunciado este xoves polo Sergas será o primeiro con carácter específico para o ingreso na categoría estatutaria destes profesionais
Sala de espera de consultas de pediatría. AEP
photo_camera Sala de espera de consultas de pediatría. AEP

O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a convocatoria do primeiro concurso específico para o ámbito da enfermaría pediátrica, na que se inclúen 148 prazas para a especialidade.

O concurso anunciado este xoves polo Sergas será o primeiro con carácter específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal de enfermaría na especialidade de enfermaría pediátrica, segundo informa a Xunta nun comunicado.

As novas prazas convocadas engádense ás 94 prazas que se incorporaron no exercicio 2019, nas especialidades da enfermaría do traballo e da saúde mental.

A convocatoria está aberta ao persoal diplomado ou graduado universitario de enfermaría fixo, que traballase no Servizo Galego de Saúde, as funcións propias da especialidade de enfermaría pediátrica e acredite o título na devandita especialidade.

Comentarios