O Sergas "incrementará" a súa oferta na licitación do próximo contrato de ambulancias

O presidente da Xunta fai este anuncio, condenando aínda os "atentados" cometidos contra os vehículos sanitarios

Una de las ambulancias que sufrieron desperfectos. FEGAM
photo_camera Unha das ambulancias que sufrieron desperfectos. FEGAM

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) "incrementará" a súa oferta na licitación do próximo contrato dos servizos de ambulancias, xa que o actual vence "a finais de ano".

Na comparecencia posterior á reunión do Executivo autonómico, Feijóo fixo este anuncio á vez que insistiu en que o conflito laboral no transporte sanitario –está exposta unha folga indefinida a partir do próximo día 20 se non se acorda un novo convenio colectivo– "non é un conflito coa Xunta".

Ao ser preguntado sobre este asunto, recordou que no servizo non operan "nin empresas públicas nin traballadores públicos", aínda que destacou que os empregados "teñen dereitos" e as compañías "teñen que recoñecer" as súas reivindicacións se son "razoables".

En calquera caso, Feijóo quixo "condenar" os "atentados" cometidos contra os vehículos sanitarios –segundo o 061, máis de 148 incidencias durante a terceira convocatoria de folga– e lamentou que "non obtivese resposta" da oposición (PSdeG, En Marea e BNG) cando lles pediu que se situasen en contra" destas accións.

"Galicia non é así e a inmensa maioría de galegos non participamos neste tipo de actuacións que o único que fan é acreditar a quen as fai", proseguiu, apelando ademais ao "sentido común". 

Comentarios