O Sergas ofrecerá contratos de ata tres anos a enfermeiros en hospitais e Atención Primaria 

Feijóo apunta que a medida busca "dar estabilidade" ao persoal

Feijóo na rolda de prensa na que presentou a proposta. EFE
photo_camera Feijóo na rolda de prensa na que presentou a proposta. EFE

O Goberno galego acordou ofrecer contratos de continuidade de ata tres anos aos enfermeiros, tanto en hospitais como en Atención Primaria, que aínda non dispoñan dunha praza por oposición no Servizo Galego de Saúde (Sergas). 

Diso informou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión semanal co seu Executivo, na que explicou que se trata de "estender" aos profesionais de Enfermería unha modalidade contractual xa dispoñible para pediatras e médicos de familia. 

Neste sentido, destacou que a proposta, que busca "cubrir as necesidades asistenciais" do Sergas e "dar estabilidade" ao persoal, foi ratificada este mércores por cinco sindicatos. 

Comentarios