martes. 26.05.2020 |
El tiempo
martes. 26.05.2020
El tiempo

O Sergas permitirá que un familiar ou achegado se despida dos pacientes en fase terminal

Un corredor no Hula. EP
Un corredor no Hula. EP
A medida busca "humanizar un pouco, non todo o que se debería, pero si o que se pode" estas situacións

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) permitirá que un familiar ou achegado visite a un paciente en fase terminal que se atope en planta ou na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) dos hospitais galegos.

A medida, aprobada este mércores polo Consello da Xunta, busca "humanizar un pouco, non todo o que se debería, pero si o que se pode" as situacións de pacientes que se atopan nos compases finais da súa vida e que, polas medidas para evitar contaxios nos centros hospitalarios, non poden recibir visitas.

Deste xeito, unha persona poderá, equipado con material de protección e acolléndose a un "protocolo estrito", visitar en planta ou na UCI a un familiar ou achegado que se atope en fase terminal, segundo avanzou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello.

O Sergas permitirá que un familiar ou achegado se despida dos...
Comentarios