O sol regresa esta fin de semana á comunidade

Tras varias semanas de nubes e choivas, o sábado as altas presións irán entrando na comunidade. Iso sí, as temperaturas mínimas baixarán un pouco

 

El sol sale sobre el Pico Sacro, a las afueras de Santiago. LAVANDEIRA JT (EFE)
photo_camera El sol sale sobre el Pico Sacro, a las afueras de Santiago. LAVANDEIRA JT (EFE)

Tras varias semanas de xornadas grises e moi chuviosas, esta fin de semana o sol volverá a deixarse ver na comunidade.

Segundo avanza Meteogalicia, o sábado será unha xornada de transición cara ás altas presións que irán entrando co avance do día. Así, amenceremos cos ceos parcialmente cubertos, e coa posibilidade dalgunha choiva débil no litoral norte. A partir do mediodía abriranse grandes claros, permanecendo as nubes baixas no norte da provincia de Lugo.

As temperaturas sufrirán un descenso, más acusado nas mínimas. 

O domingo prevese unha xornada de tempo seco e de sol. Así, esperamos ceos pouco nubrados ou despexados, con intervalos de nubes altas e néboas matinais en comarcas do interior.

As mínimas seguirán baixando, con formación de xeadas no interior, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos.