Sábado. 21.07.2018 |
El tiempo
Sábado. 21.07.2018
El tiempo

O sol volve a Galicia esta semana con máximas por encima dos 25 graos

O bo tempo volverá a Galicia esta semana. PEPE FERRÍN (AGN)
O bo tempo volverá a Galicia esta semana. PEPE FERRÍN (AGN)

A pesar do bo tempo, toda a costa quedará en alerta por fenómenos costeiros o martes e o mércores

Tras un frío comezo de estación cargado de choiva –e incluso neve–, o tempo primaveral dignouse a aparecer. E é que se prevé que o sol nos acompañe durante os próximos sete días. Este cambio de tendencia virá acompañado dun forte ascenso das temperaturas, que superarán os 25 graos en gran parte de Galicia e que incluso poderían rozar os 30 nas xornadas do xoves e o venres.

meteo

A influencia anticiclónica sobre Galicia chegará o martes, con ventos de compoñente sur que traerán unha masa de aire cálido africano. Con esta situación amencerá cos ceos parcialmente cubertos na franxa atlántica para quedar co avance do día cos ceos pouco nubrados ou despexados en toda a comunidade.

Segundo informa Meteogalicia, o martes comezará o ascenso das temperaturas, que chegarán ata os 29 graos en Ourense na xornada do mércores. 

A pesar do bo tempo, moito coidado á hora de realizar os primeiros mergullos do ano no mar. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) avisa de que toda a costa galega quedará en alerta por fenómenos costeiros. O litoral atlántico quedará en aviso laranxa o martes e o mércores, mentres que A Mariña estará en alerta amarela o martes e pasará a laranxa o mércores.

meteoo

O sol volve a Galicia esta semana con máximas por encima dos 25 graos