jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

O sorteo do cupón deste xoves reparte 560.000 euros en Santiago e Vigo

Loteiro da ONCE. JAVIER CERVERA (ARQUIVO)
Loteiro da ONCE. JAVIER CERVERA (ARQUIVO)
Os boletos da capital galega foron vendidos na Rúa do Franco; os de Vigo, no Hospital do Meixoeiro

O sorteo do Cupón Diario da ONCE repartiu no sorteo da noite deste xoves 560.000 euros nas cidades de Santiago de Compostela e Vigo. Segundo informou a ONCE nun comunicado de prensa, en Santiago de Compostela repartíronse 350.000 euros, mentres que en Vigo o cupón deixou outros 210.000 euros.

En concreto, na capital galega foi a vendedora de produtos de xogo da ONCE Mónica Nouche Calvo quen repartiu a sorte desde o seu punto de venda na Rúa do Franco —diante de Correos—, onde vendeu, moi repartidos entre a súa clientela, 10 cupóns premiados con 35.000 euros cada un. Mónica Nouche, que é afiliada á ONCE pola súa discapacidade visual, vende nese posto desde o ano 2014, aínda que o seu traballo iniciouno no ano 2004 noutros puntos de venda, informou a entidade.

As mesmas fontes indicaron que a vendedora recoñece que entre os gañadores pode haber varias persoas de paso na cidade, xa que o seu posto atópase no centro turístico do centro histórico compostelán.

En Vigo a sorte repartiuna Roberto Mota Cameselle, que vende na porta principal do Hospital do Meoixoeiro. En concreto, este vendedor, que ten unha discapacidade física e traballa na ONCE desde o ano 2008, vendeu seis cupóns premiados con 35.000 euros cada un. Segundo manifestou a ONCE, "está moi satisfeito" coa repartición, pois "sabe que as agraciadas son persoas que acoden ao hospital ou están hospitalizadas". "Quen máis me compran son os pacientes, pois o persoal non para moito por aquí", sentenciou.

O sorteo do cupón deste xoves reparte 560.000 euros en Santiago e Vigo
Comentarios