lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

Suspendidos todos os partidos de fútbol do sábado e perigan os de domingo

Reunida de urxencia, a Federación Galega de Fútbol decidiu este venres suspender todos os partidos de fútbol previstos para este sábado. Deste xeito, ningún dos 1.0005 encontros programados xogarase debido ás alertas vermellas e laranxas que estarán vixentes en toda a comunidade. 

No caso do domingo e dado que se mantén a alerta vermella en terra en Lugo e A Coruña, non se descarta que se anulen máis encontros. Fóra das citadas provincial, a decisión de manter ou cancelar o calendario quedará en mans dos Concellos.

Segundo a federación, esta medida pretende "preservar a seguridade dous deportistas, adestradores, árbitros ou xuíces, afeccionados, operarios e garantir que non se produza incidencia algunha nas instalacións".

Suspendidos todos os partidos de fútbol do sábado e perigan os de...
Comentarios