As temperaturas suavízanse durante un mércores pasado por auga

Os ceos estarán parcialmente nubrados e espéranse choivas de tipo intermitente

Galicia continuará na xornada do mércores nunha área atmosférica de inestabilidade, coas baixas presións preto da península Ibérica.

Captura

Desta forma, os ceos estarán parcialmente nubrados e espéranse choivas de tipo intermitente, probables en calquera punto da Comunidade.

As temperaturas mínimas non terán cambios, pero as máximas ascenderán, para alcanzar valores algo máis suaves que nos días anteriores. 

Os ventos soprarán frouxos de oeste, con intervalos de moderado no litoral atlántico. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 10° 15°, Ferrol 9° 15°, Lugo 5° 14°, Ourense 8° 17°, Pontevedra 10° 16°,Santiago de Compostela 7° 13° e Vigo 11° 17°. 

Comentarios