Un temporal costeiro leva a activar a alerta laranxa no litoral de Lugo e A Coruña

Oleaje en Valdoviño.KIKO DELGADO
photo_camera Ondas en Valdoviño. KIKO DELGADO (ARQUIVO)

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de Lugo e A Coruña a partir da madrugada do mércores ao xoves. Atendendo ás previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía, este fenómeno meteorolóxico adverso trae ventos que poden alcanzar forza 8 na Mariña lucense e o noroeste da costa coruñesa.

O resto do litoral galego estará alerta amarela durante case toda a xornada do xoves, o nivel no que tamén se situará o aviso para o norte a partir das nove da mañá.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Xunta informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, Protección Civil e aos clubs náuticos para que adopten as medidas oportunas.

Recomenda permanecer lonxe da liña de costa e das praias e paseos marítimos co fin de evitar que un golpe de mar poida arrastrar persoas ou obxectos, así como suspender as actividades pesqueiras e marisqueiras e extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar. 

Comentarios