O mozo sinistrado en Lugo: "Teño 22 anos. A todo o mundo nos gusta pisarlle"

O condutor do A-8 afirmou nas redes que lle quitaron o carné e sacou un puñal co que retou a algún dos seus máis de 2.000 seguidores que o criticaba
Jonathan NS durante un directo de Instagram e imágenes del accidente de la Ronda da Muralla
photo_camera Jonathan N. S. durante un directo de Instagram e imaxes do accidente na Ronda da Muralla

O mozo que estampou o seu coche contra un muro na Ronda da Muralla a noite do pasado venres ao sábado, Jonathan N.S., xustificaba este domingo o sucedido afirmando en Instagram: "Teño 22 anos. A todo o mundo nos gusta probar ou pisarlle". Á súa vez, afirmaba que, a raíz do choque, ao parecer competía con outro vehículo que fuxiu, quitáranlle o carné de conducir e agora tería que ir a xuízo.

Jonathan facía estas declaracións no seu perfil de Instagram, nun vídeo no que respondía en directo ás preguntas dalgúns das súas máis de 2.000 seguidores. "O golpe foi un golpe, foi un accidente como outro calquera", manifestaba, resolvendo o tema.

En metade do vídeo, de máis de dez minutos e ante os continuos reproches sobre a súa actitude por parte dalgúns dos seus seguidores, Jonathan colleu un puñal grande, que lanzou ao aire varias veces, co fin de intimidar e desafiar a aqueles que se atrevían a criticar o que fixera. "Os que non me queirades, comédeme os c...", dicía.

"O golpe que tiven foi un golpe, foi un accidente como outro calquera e nada"máis , dixo nas redes sociais

Varias das preguntas que lle facían os seus seguidores eran sobre o seu estado de saúde tras o accidente e logo de ser dado de alta do Hula, onde só permaneceu unhas horas. O condutor manifestaba domingo que non se atopaba mal -"vou de luxo, irmán", comentaba- a pesar de que lle tiveron que coser a cabeza con máis dunha decena de grapas tamén con puntos.

Algúns dos seus seguidores facían fincapé en que o Audi A-8 que conducía e que comprou aquela mesma tarde do venres nun compra-venda de segunda man, era xa un coche con bastantes anos. Ante eses comentarios, Jonathan afirmaba que pagou 20.000 euros, que o coche era de 1997 e tiña vinte e dous anos como el pero "levantabas o motor e tiña 310 cabalos, era un 4.2 gasolina, "Fast and furious"", dicía.

Outros dos comentarios que lle facían os seus seguidores eran sobre o futuro do coche. Algún deles propuña, incluso, a súa reparación. Con todo, o Audi xa está "no despezamento", segundo confirmaba Jonathan, o máis lóxico tras o estado en que quedou.

O A-8 impactou contra un pequeno muro do aparcadoiro de Obras Públicas saltando polo aire o motor cara á beirarrúa contraria, contigua á muralla. Debido á aparatosidade do choque, acudiron ao lugar varios efectivos da Policía Local e dos bombeiros, que tiveron que rescatar do interior tanto ao condutor como a un acompañante, que tamén resultou ferido. As tarefas de rescate provocaron un corte de tráfico na Ronda que se prolongou máis de media hora.

Outra pregunta dunha seguidora sobre se ía drogado, Jonathan resolveuna afirmando: "Un pouco, pero sempre vou drogado, nena, en plan... ou hai cervexas ou de pastillas".