jueves. 12.12.2019 |
El tiempo
jueves. 12.12.2019
El tiempo

O litoral galego permanecerá este luns en aviso amarelo por vento e ondada

Forte vento e ondada en Rinlo. JOSÉ MARÍA ÁLVEZ
Forte vento e ondada en Rinlo. JOSÉ MARÍA ÁLVEZ
A alerta manterase desde as 18.00 deste domingo 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) mantén activo ata a tarde deste luns, 2 de decembro, en toda a costa galega un aviso amarelo por forte ondada e ventos de forza sete que soprarán do nordeste. 

Segundo a información recolleita recollida na súa páxina web, o litoral das provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo permanecen baixo esta alerta desde as 18.00 horas da tarde deste domingo. 

Esta situación manterase ata o mediodía do luns nas Rías Baixas e na costa do sur da Coruña. Na Mariña lucense cesará ás 18.00 da mesma xornada, mentres que na Costa da Morte e o norte coruñés podería prolongarse ata a medianoite. 

No conxunto do Estado, un total de 20 provincias estarán este luns 2 de decembro en aviso amarelo por choivas, nevadas e fenómenos costeiros, segundo a predición de Aemet, que prevé unha baixada de temperaturas en case todo o país. 

O litoral galego permanecerá este luns en aviso amarelo por vento e...
Comentarios