As tormentas continuaron este luns en Galicia, que ata as 20.00 horas contabilizara 427 raios, tras rexistrar 2.381 na pasada pasada xornada e inundacións nalgunhas localidades como Vigo.
O domingo, a tormenta descargou raios no sur da provincia e na zona do Salnés, como se mostra na foto tomada por BlackFrameFilm en Sanxenxo.
As vosas fotos:
— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) June 1, 2020
Manuel Rial mandounos esta imaxe dos raios que viron en #Rianxo esta madrugada, exactamente ás 00:45 h. Grazas!
As tormentas movéronse de sur a norte polo litoral atlántico desde o #BaixoMiño ata a #CostadaMorte con chuvias significativas, como vemos no mapa. pic.twitter.com/AewTj0uiud
Así mesmo, en Vigo, na pasada noite, unha tromba de auga con episodios eléctricos alagou varias rúas da cidade. En concreto, segundo informou a Policía Local, nas rúas Sanjurjo Badía, Isaac Peral, Doutor Carracido, e Julián Estévez, saltaron as tapas da rede de sumidoiros, obrigando a unha rápida intervención polo risco que a situación supuña para o tráfico.
A Rúa Doutor Canoa viuse alagada ao non soportar a rede de sumidoiros o volume de auga descargada. Na rúa Julián Estevez, un condutor viuse atrapado pola tromba, sendo rescatado por bombeiros.
A intensa choiva tamén propicio unha bolsa de auga no interior do Túnel de Beiramar.