martes. 09.03.2021 |
El tiempo
martes. 09.03.2021
El tiempo

Un total de 56 candidaturas concorrerán nas catro circunscricións o 12 de xullo

Generated by  IJG JPEG Library
Unha muller vota nunhas eleccións autonómicas. EFE
A principal novidade é a entrada de Marea Galeguista en lugar de Compromiso por Galicia, que acudía á cita de abril en solitario

Un total de 56 candidaturas concorrerán ás eleccións autonómicas do próximo 12 de xullo, unha máis que as rexistradas para a convocatoria do 5 de abril, suspendida pola crise do coronavirus.

Así, a grandes liñas, os galegos e galegas terán practicamente as mesmas opcións políticas a escoller na cita coas urnas para a que falta pouco máis dun mes. Tamén entre os nomes que configuran as listas, pois se mantén o groso das candidaturas salvo pequenos retoques, nalgúns casos técnicos.

Deste xeito, a principal novidade respecto de abril é a irrupción da coalición Marea Galeguista, composta por En Marea, Partido Galeguista e Compromiso por Galicia (CxG). Os primeiros non presentaron candidatura para a cita do 5 de abril pero si Compromiso, que acudía á cita en solitario.

Así as cousas, soben respecto de abril o número de candidaturas que concorren polas catro circunscricións galegas, segundo publica este mércores o Diario Oficial de Galicia.

Ademais das principais forzas con representación no Parlamento galego ou o Congreso dos Deputados -PP, PSOE, Galicia en Común-Anova Mareas, BNG, Ciudadanos e Vox-; tamén rexistraron lista en todas as provincias Marea Galeguista, o Partido Comunista dos Traballadores da Galiza, Por un Mundo Máis Xusto (PUM+J), Pacma e a alianza Recortes Cero-Espazo Común-Os Verdes-Municipalistas.

Pontevedra

A provincia de Pontevedra é a circunscrición con maior número de candidaturas. Concorren ao proceso electoral un total de 16, mesmo número que en abril pero co cambio do Partido Comunista dos Traballadores de Galiza por Comunistas da Galiza, ademais da substitución de CxG por Marea Galeguista, que se dá en todas as provincias.

Repiten PP, PSOE, BNG, Ciudadanls, Pacma, Recortes Cero-Vos Verdes-Espazo Común, Escanos en Branco, Galicia en Común-Anova Mareas, Vox, Por un mundo máis xusto, Equo, Unidos polo futuro, UPyD e Ciudadanos de Galicia (non confundir con Cs). Este tres últimas formacións só se presentan en Pontevedra.

A Coruña

A circunscrición da Coruña gaña unha candidatura respecto abril ao presentarse o Partido Libertario, que concorreu ás eleccións de 2016 pero declinou facelo no errado proceso de hai dous meses.

Así, preséntanse PP, PSOE, BNG, Galicia en Común-Anova Mareas, Ciudadanos, Vox, Partido Comunista dos Traballadores da Galiza, Pacma, Por un Mundo máis Xusto (PUM+J), Equo, Marea Galeguista, Recortes Cero-Espazo Común Vos Verdes e Partido dos Autónomos e Profesionais, grupo político que só se rexistrou na provincia da Coruña, do mesmo xeito que o citado Partido Libertario.

Ourense

En Ourense presentáronse 13 candidaturas, o mesmo número que nas eleccións do 5 de abril aínda que coa baixa de Equo, que se presenta no resto de provincias pero non na ourensá.

Entra a formación Escanos En Branco, que en abril rexistrara lista unicamente en Pontevedra, circunscrición pola que tamén se presenta o 12 de xullo.

Repiten PP, PSOE, BNG, Galicia en Común-Anova Mareas, Ciudadanos e Vox, xunto con Recortes Cero, PUM+J, Pacma e Contigo Somos Democracia, ademais de Marea Galeguista en substitución da candidatura en solitario de Compromiso por Galicia.

Do mesmo xeito que en abril, Democracia Ourensana, a formación do rexedor da capital provincial, Gonzalo Pérez Jácome, tampouco se presenta ao proceso. De feito, Jácome dixo publicamente fai tres meses que votaría ao PP nas autonómicas.

Lugo

Na provincia de Lugo tamén se presentaron 13 candidaturas, as mesmas que en abril tanto en número como en nome coa excepción de Marea Galeguista en lugar de CxG.

Trátase, de novo, de PP, PSOE, Galicia en Común-Anova Mareas, BNG, Cidadáns e Vox, xunto con Partido Comunista dos Traballadores, Pacma, PUM+J, Equo, Recortes Cero-Espazo Común-Os Verdes e Converxencia 21, que só se presenta nesta circunscrición.

Un total de 56 candidaturas concorrerán nas catro circunscricións o...
Comentarios