martes. 15.10.2019 |
El tiempo
martes. 15.10.2019
El tiempo

Os traballadores do aeroporto de Santiago convocan unha folga para a mañá deste venres

Varios pasajeros llegan a Lavacolla. AEP
Varios pasajeros llegan a Lavacolla. AEP
O paro se repitirá o 28 de setembro, como demanda do mantemento do servizo de cantina

O comité de folga de traballadores do Aeroporto de Santiago convocou para este venres a segunda xornada de folga en demanda do mantemento do servizo de cantina e contra a precariedade laboral que denuncian.

En concreto, segundo informou a CIG, o paro iniciarase ás 4.30 horas da madrugada deste venres e concluirá ás 10.30 horas. Esta é a segunda xornada de folga das tres convocadas.

O paro, que se repetirá o día 28 deste mes, demanda o mantemento do servizo de cantina para os traballadores que, segundo indican, sufrirán un incremento no prezo das súas consumicións no aeroporto tras o peche deste establecemento.

Do mesmo xeito, solicitan medidas contra "a precariedade cada vez maior" que sofren os traballadores. "Hai traballadores que se teñen que cambiar no aparcadoiro porque encadean un traballo con outro para saír adiante. Os traballadores xa pagan aparcadoiro e agora quéreselles cobrar tamén os mesmos prezos que aos pasaxeiros por tomar un café ou un bocadillo, cando non teñen máis remedio que tomalo nas instalacións do aeroporto", explicou o portavoz do comité, Pablo de Prado.

Os traballadores do aeroporto de Santiago convocan unha folga para...
Comentarios