domingo. 22.09.2019 |
El tiempo
domingo. 22.09.2019
El tiempo

Traballadores de PAC concentraranse ante a "falta de resposta" do Sergas

O comité de folga solicitou unha reunión co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña 

Traballadores de Puntos de Atención Continuada (PAC) de Galicia concentraranse este xoves diante da sede do Servizo Galego de Saúde (Sergas), en Santiago, ante a "falta de resposta" á petición de mediación e ao "incumprimento reiterado dos servizos mínimos" na folga indefinida que manteñen desde hai meses.

Segundo informou o colectivo PACs en Pé de Guerra, os representantes da diferentes PAC de toda Galicia reuníronse estes días cos traballadores nas súas respectivas áreas para "avaliar o acontecido coas coberturas durante as últimas semanas" e "seguir planificando as próximas accións mentres se segue á espera de que o Sergas sente de novo a negociar".

Por parte do comité de folga solicitouse unha reunión co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, desde o pasado 14 de maio e desde o día 24 están "á espera de que o Sergas responda á solicitude de mediación pedida", denunciaron. "Até a data non hai resposta a ningunha das dúas peticións", lamentaron.

Por iso, os traballadores continuarán en folga e mostraron "a súa preocupación" para afrontar o seu traballo durante o verán após "os últimos incumprimentos dos servizos mínimos".

Por iso, "ante a indiferenza e o nulo interese mostrado polo Sergas", resaltou o colectivo, nas reunións realizadas nas diferentes zonas de Galicia acordouse participar na concentración que terá lugar este xoves ás 17.00 horas con motivo da reunión do Consello Técnico de Atención Primaria no edificio administrativo do Sergas, á que convidan "a toda a ciudanía e persoal sanitario a unirse".

Traballadores de PAC concentraranse ante a "falta de resposta" do...
Comentarios