domingo. 25.10.2020 |
El tiempo
domingo. 25.10.2020
El tiempo

Os traballadores dos PACs crean un 'Camiño sanitario' para seguir coas protestas

O colectivo 'PACs en pie de guerra' publicou un vídeo para explicar a iniciativa
O colectivo 'PACs en pie de guerra' publicou un vídeo para explicar a iniciativa

Os profesionais buscan "camiñar para derrubar o muro que fai o Sergas fronte as súas reivindicacións"

Os profesionais do servizo de Atención Primaria de Galicia organizaron para este mércores, día 27 de marzo, un Camiño de Santiago moi particular para denunciar a súa situación. Co nome de 'Camiño sanitario', os traballadores realizarán unha andaina que partirá dos sete PACs de Galicia –Santiago, Pontevedra, Ourense, Vigo, A Coruña, Lugo e Ferrol– e rematará en Santiago de Compostela.

Na capital galega, os manifestantes pasarán pola Consellería de Sanidade e a sede da Xunta antes de chegar á Praza do Obradoiro.

Os traballadores, en folga indefinida dende o pasado 7 de xaneiro con servizos mínimos do 100%, buscan desta forma visibilizar as súas peticións, desatendidas pola Administración pública. "E camiñar para derrubar o muro que fai o Sergas fronte as súas reivindicacións", segundo indican nun vídeo publicado este mesmo martes.

Os traballadores dos PACs crean un 'Camiño sanitario' para seguir...
Comentarios