sábado. 28.11.2020 |
El tiempo
sábado. 28.11.2020
El tiempo

O tráfico na AP-9 rexistra un novo mínimo histórico: cae un 89%

Cabinas en un peaje de la AP-9. DAVID FREIRE
Cabinas en un peaje de la AP-9. DAVID FREIRE
A circulación media diara é de apenas 2.584 vehículos na segunda semana de abril

A autoestrada AP-9, a principal arteria de Galicia, rexistrou na segunda semana de abril un novo mínimo histórico coa circulación diaria dunha media de 2.584 vehículos, un descenso do 89,22% respecto de abril do ano pasado debido ás medidas de confinamento para frear a pandemia de coronavirus.

Así o indicou a empresa concesionaria Audasa nun comunicado no que subliña que durante a época de Semana Santa o tráfico descendeu un 89,26 % respecto ao mesmo período do ano pasado, cunha circulación diaria media de 2.359 vehículos.

En comparación con todo 2019, a intensidade media diaria da semana pasada reduciuse en 21.821 vehículos, un 89,41 % menos, indica Audasa.

Desde o inicio do estado de alarma, o pasado 16 de marzo ata 12 de abril, a intensidade media diaria foi 4.007 vehículos diarios, un 83,58 % por baixo da media do conxunto de 2019.

Por outra banda, Audasa informa de que os que equipos móbiles da concesionaria acaban de desinfectar a totalidade da AP-9, incluíndo as súas seis áreas de servizo, as tres áreas de descanso e todas as zonas de peaxes.

O tráfico na AP-9 rexistra un novo mínimo histórico: cae un 89%
Comentarios