sábado. 16.11.2019 |
El tiempo
sábado. 16.11.2019
El tiempo

Tráfico revisará as vías de alta capacidade galegas para evitar sinistros con 'kamikazes'

Unha saída nunha autovía. EP
Unha saída nunha autovía. EP

Ademáis propón un maior seguemento e máis controis psicotécnicos para certo perfil de conductor

O xefe da Agrupación da Garda Civil de Tráfico de Galicia, Javier Molano, asegurou este sábado que está en marcha unha revisión das vías de alta capacidade para "mellorar a seguridade no caso de que se poida".

Así o avanzou nunha entrevista na Radio Galega, recollida por Europa Press, en relación aos sinistros de tráfico nos que se ven implicados os denominados 'kamikazes'. Neste sentido, Molano admitiu que "é algo que preocupa en Galicia a todos os implicados na seguridade viaria".

Nesa liña, afirmou que a Garda Civil de Tráfico "vai facer unha revisión de todo", tanto "desde o punto de vista da sinalización horizontal e vertical", así como "todo o que hai". "E se podemos mellorar a seguridade, farémolo", sentenciou.

Segundo indicou, están en contacto cos titulares das vías, tanto co Ministerio de Fomento como coa Xunta de Galicia e sinalou que "a revisión xa se está facendo".

Así mesmo, apuntou que unha das posibles solucións para evitar entradas incorrectas nas vías é un balizamento determinado para que "aquelas persoas que nin sequera detectan a sinalización, vexan obstáculos físicos".

PERFÍS

Respecto ao perfil dos condutores que entran en sentido contrario á circulación, o tenente coronel Molano apostilou que "hai moitos", pero o "máis frecuente" é o que se introduce por falta de intencionalidade.

Segundo detallou na mesma entrevista, adoitan ser "persoas cunha deficiencia psicofísica por diferentes motivos" ou "excepcionalmente" persoas con deficiencia psicofísica temporal por "inxesta de tóxicos como alcol ou outras drogas".

Javier Molano tamén avanzou que o día 12 deste mes terán unha reunión con Fiscalía para "revisar as investigacións". Cuestionado por se habería que esixir un maior control nos psicotécnicos ante aqueles condutores que presentan deficiencias psicofísicas non temporais, Molano recoñeceu que están "moi encima" e que "hai diferentes dilixencias, o que pasa é que non concluíron".

A pesar de incidir en que o consideran "unha excepción", si recoñeceu que fan "un seguimento, sobre todo daqueles psicotécnicos onde haxa reiteradas propostas de recoñecemento extraordinario que se fan que dalgunha maneira dan positivo, é dicir, onde se están producindo aqueles casos nos que se detectan persoas nunha situación non adecuada". 

Tráfico revisará as vías de alta capacidade galegas para evitar...
Comentarios