Unha trama vendía para consumo humano carne de cabalo que era para o zoo vigués

A rede foi desmantelada en 2017 tras practicarse 65 detencións. Chegaron a sacar ao mercado material de animais mortos
Un agente con un caballo. GUARDIA CIVIL
photo_camera Un axente cun cabalo. GUARDIA CIVIL

A trama que desmantelou a Garda Civil no ano 2017 en varios puntos de España dedicada á venda ilegal de carne de cabalo chegou a colocar no mercado para consumo humano produtos de animais mortos e incluso carne equina cuxo destino era a alimentación animal do zoo de Vigo.

Así transcendeu tras coñecerse algúns detalles do sumario como parte das gravacións xudiciais, segundo reflectiu este venres a TVG. Citando a fontes do diario El País, as investigacións confirmarían que esta rede delituosa habería vendido carne de cabalos enfermos e sen ningún tipo de control sanitario coma se tratásese de carne de tenreira. A Garda Civil acredita incluso que acabou na cadea de consumo carne de animais mortos.

Sobre o modus operandi, sábese que os produtos saían do matadoiro municipal de Toreno, en León, e tiñan como destino o zoo de Vigo. Con todo, os integrantes da trama desviábana para introducila no mercado. Así, os membros da rede conseguirían beneficios suculentos, superiores incluso aos 20 millóns de euros, aseguran no sumario.

XEFE HOLANDÉS. A rede, na que acabaron detidas 65 persoas entre gandeiros, veterinarios e empresarios do sector cárnico, tiña como presunto máximo responsable a Jan Fasen, un cidadán holandés de 68 anos de idade, coñecido como o ‘emperador' da carne de cabalo en Europa. Curiosamente, Fasen foi arrestado de novo este verán en Alacante logo dunha reclamación que formalizaran as autoridades francesas, onde tamén foi condenado a dous anos pola venda ilega de carne equina.

O alcance da operación de 2017 foi totalmente internacional, xa que parte dos cabalos sacrificados procedían de Portugal e os delincuentes vendían a carne por Europa.

Comentarios