Trasladados en Arteixo tres adultos e unha nena por mor da fuga gas

Foron evacuados ao Complexo Hospital Universitario e ao Hospital Teresa Herrera da Coruña

Un total de catro persoas, tres adultos e unha nena, foron evacuados esta medianoite polos servizos sanitarios de urxencia ao Complexo Hospital Universitario e ao Hospital Teresa Herrera da Coruña, por inhalación de gas procedente dunha bombona.

Segundo indicaron os Bombeiros de Arteixo ao 112 Galicia, todo parece indicar, que a fuga do gas proveu dunha bombona de gas situada no baixo da edificación, situada na Avenida de Caión, en Arteixo. Ademais, por seguridade, oito vivendas foron desaloxadas mentres duraron as labores de comprobación.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia foi informado do suceso, preto das 00:30 horas, polos servizos sanitarios de urxencia, quen mobilizaba a un equipo de profesionais para atender aos ocupantes da vivenda afectada.

Foi a partir de aí, cando desde o 112 Galicia se alertou aos Bombeiros da cidade, que decontado, se desprazaron ao lugar. Tamén, se solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil e Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade. Do mesmo xeito, informouse ao persoal da empresa subministradora.

Unha vez rematadas as comprobación e a desconexión da bombona afectada polos Bombeiros, os veciños puideron regresar as súas vivendas.