miércoles. 08.07.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.07.2020
El tiempo

Os "perregrinos" chegan a Compostela

Perros de Os Palleiros, con la pañoleta azul, en O Obradoiro. PONTEPATAS
Perros de Os Palleiros, con la pañoleta azul, en O Obradoiro. PONTEPATAS
A iniciativa pechouse coa adopción dunha das mascotas

Misión cumprida. A asociación Pontepatas completou este domingo o seu particular Camiño de Santiago co obxectivo de visibilizar o abandono animal e concienciar á poboación da necesidade da adopción de mascotas. Un total de 30 cans participaron nesta iniciativa, que comezou o pasado mes de setembro desde o sur da provincia de Pontevedra. Logo de varias etapas, todas elas realizadas durante os domingos, este domingo chegaron ao seu destino: Compostela.

Na ruta xacobea participaron 23 canes deste colectivo, que non estaban en adopción, porque teñen propietario, e sete dos Palleiros, a entidade que xestiona o refuxio de animais de Pontevedra. A secretaria de Pontepatas, Lisi Fernández, confirmou a este xornal que a iniciativa se pechou coa adopción dunha das mascotas. O animal en cuestión está catalogado como raza potencialmente perigosa.

"A experiencia foi impresionante. E o recibimento na Praza do Obradoiro foi espectacular", asegurou Fernández, que recordou que un grupo de gaiteiros recibiu á expedición canina á súa chegada á capital gallega.

Ao incremento no número de abandonos sumouse a redución das adopcións. Pasáronse das 217 de 2017 ás 166 do ano pasado

Os canes dos Palleiros que buscaban un fogar chámanse Pere, Yuca, Tandy, Sau, Xota, Triana e Mara. Esta última foi a protagonista da etapa que Pontepatas realizou entre Rendondela e Pontevedra o pasado mes de setembro.

Os canes que realizaron esta particular peregrinaxe obtiveron a "compostela canina", un distintivo que xurdiu en 2018 para visibilizar que os peregrinos poden viaxar coas súas mascotas.

ABANDONOS. O abandono de mascotas segue crecendo en Pontevedra. Os Palleiros, que é a asociación que xestiona a protectora municipal situada en Campañó, recolleu o ano pasado 229 canes, 28 máis que en 2017. A maior parte dos canes que atende a protectora son podencos e cruces de razas similares.

A experiencia foi impresionante. E o recibimento na Praza do Obradoiro foi espectacular

O centro, que conta cun persoal formado por seis persoas, persoal veterinario incluído, e conta cunha rede de voluntarios formada por 35 persoas, ten unha capacidade para 150 cans. Ao peche de 2018, o número de canes ascendía a 147. A maiores, Os Palleiros dispón doutras 37 mascotas en casas de acollida temporais por falta de espazo no refuxio, cuxo propietario é o Concello de Pontevedra.

Ao incremento no número de abandonos sumouse a redución das adopcións. Pasáronse das 217 de 2017 ás 166 do ano pasado, un 23,5% menos.

Os "perregrinos" chegan a Compostela
Comentarios