A tripulación do pesqueiro en corentena en Burela dá negativo nos test rápidos

Confinados despois de que un mariñeiro dese positivo en coronavirus, seguirán illados ata que chegue a confirmación das probas PCR 
Tripulación del Carla. EP
photo_camera Tripulación do Carla, en Burela. EP

Os tripulantes do pesqueiro Carla, amarrado no porto de Burela, deron negativo no test rápido efectuado polas autoridades para determinar se son portadores do coronavirus. Os dezaseis tripulantes permanecen confinados despois de que un dos membros dese positivo nunha proba anterior, polo que se atopa illado a bordo.

Fontes sanitarias consultadas por Efe confirmaron que, a pesar de que todos deron negativo nos test rápidos, a tripulación segue en corentena ata que chegue a confirmación das probas PCR por parte dun laboratorio de referencia.

Así, continuarán no barco ata que se coñeza o resultado desas probas de coronavirus ás que foron sometidos todos os mariñeiros do Carla, que segue custodiado pola Garda Civil.

Comentarios