jueves. 20.02.2020 |
El tiempo
jueves. 20.02.2020
El tiempo

O TSXG condena a PSA Vigo a indemnizar a CUT con 50.000 euros por vulnerar o dereito a folga

Centro de PSA, en Vigo.AEP
Centro de PSA, en Vigo.AEP

Deberá, ademais, ingresar aos traballadores demandantes a cantidade descontada do seu soldo aquela folga de 2014

O Tribunal Supremo ratifica a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre que PSA Peugeot-Citroën vulnerou o dereito á folga dos traballadores das instalacións de Vigo no ano 2014.

O Supremo "desestima integramente" os recursos de PSA Vigo e declara firme a sentenza do TSXG pola que a empresa deberá indemnizar ao sindicato CUT con 50.000 euros, así como reintegrar aos traballadores demandantes a cantidade descontada do seu soldo por aquela folga.

Segundo lembraron os representantes da CUT este xoves ás portas de PSA Vigo, a folga foi un paro de dúas horas convocado pola visita de Carlos Tavares, director executivo do Grupo PSA, tras coñecerse que este se subiu o soldo "un 211 por cen" mentres se aplicaban "fortes recortes" aos traballadores.

Agora, segundo informou a CUT, o TSXG ten que devolver o caso ao xulgado do social número 1 de Vigo. O sindicato manifestou que 300 traballadores participaron naquela folga (23 participaron da demanda) a pesar das "ameazas" con "consecuencias sancionadoras" que, aseguran, levou a cabo a empresa; e avanzaron que empregarán a súa indemnización para abonar o descontado a todos os folguistas.

ELECCIÓNS SINDICAIS

PSA Vigo celebrará as súas eleccións sindicais do domingo 21 ao luns 22 de outubro. Cinco sindicatos preséntanse a estes comicios marcados, segundo manifestaron desde a CUT, por unha fábrica que traballa a dúas velocidades. 
"A liña un vai estar parada por falta de carga de traballo e van mandar aos traballadores indefinidos para casa do 23 de outubro ao 4 de novembro", explicou Víctor Mariño, secretario da CUT.

Mentres que, segundo relatou, a liña dúas de traballo sofre unha "saturación total" e xa non lles chega con "facer sábados, domingos e festivos" para sacar adiante o traballo.

"Non é casual que manden a traballadores indefinidos a casa e manteñan un cadro de 1.800 eventuais", sostivo Mariño, quen expresou a súa preocupación porque se produza "outro ERE" após das eleccións.

A CUT definiu estes comicios como un "proceso viciado" e volveu a denunciar presións da empresa para que os traballadores voten ao SIT, o sindicato maioritario en PSA Vigo.

Denuncian que "o control do voto dos últimos 36 anos" en PSA Vigo está vinculado ás "mesas auxiliares" con papeletas e a recomendacións da empresa de utilizalas fronte ás cabinas, que garanten o voto secreto. "Se votas en cabina es sospeitoso", aseveraron.

O TSXG condena a PSA Vigo a indemnizar a CUT con 50.000 euros por...
Comentarios