O TSXG confirma a suspensión do funcionamento da área Metropolitana de Vigo

O TSXG confirma a suspensión do funcionamento da área Metropolitana de Vigo 
 

Vista aérea de Vigo y las Illas Cíes. RAFA FARIÑA
photo_camera Vista aérea de Vigo y las Illas Cíes. RAFA FARIÑA

A sección segunda da sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a suspensión do funcionamento da área Metropolitana de Vigo e de tódolos órganos que a compoñen. Segundo confirmaron fontes xudiciais, o alto tribunal galego rexeita así os recursos de apelación interpostos polos concellos de Vigo, O Porriño, Moaña, Nigrán, Salceda de Caselas, Cangas e Gondomar contra a suspensión cautelar decretada por un xulgado de Vigo en abril de 2017 e solicitada pola Xunta, mentres se dirime se a constitución deste órgano supramunicipal foi axustada a dereito. 

Na súa resolución, o TSXG incide en que, se non se mantén a suspensión da área, o "efecto útil" da posterior sentenza (sobre a constitución deste órgano) veríase "seriamente debilitado". Así, sen esta medida cautelar, "teríase materializado" o comezo do funcionamento da área antes da integración efectiva do transporte urbano de Vigo no Plan de Transporte Metropolitano da Xunta. 

Contra a resolución cabe presentar recurso de casación.

Comentarios