miércoles. 28.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 28.10.2020
El tiempo

O TSXG prohibe colocar plásticos nos xulgados para protexerse do coronavirus

Una pantalla de plástico en un juzgado. EP
Una pantalla de plástico en un juzgado. EP
Só se permitirán elementos homologados

A Comisión de Seguimento da crise sanitaria da Covid-19 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou na súa reunión deste xoves establecer que non está permitida a colocación de plásticos para evitar contaxios nas salas de vistas da comunidade, como transcendeu que se realizou nun partido xudicial galego, se non só elementos homologados. 

Segundo precisou o TSXG, estas instalacións, que xa se ordenaron retirar, non están avaladas pola autoridade sanitaria, polo que "non hai ningún tipo de garantía sobre a protección que poden ofrecer". 

Aínda que entenden que a súa instalación se fixo "coa mellor vontade", a Comisión considera que este tipo de material pode incluso "aumentar o risco de contaxio, ao non existir control sobre a súa procedencia ou instalación, nin garantías sobre a súa limpeza". 

Todos os partidos xudiciais da comunidade recibiron luvas, máscaras e xeles hidroalcohólicos para que o traballo nos xulgados se poida realizar con garantías sanitarias, destacan. Este material de protección súmase aos 170 paneis de metacrilato que xa foron instalados en servizos que teñen atención ao público. 

A Dirección Xeral de Xustiza deu conta este xoves á comisión de que, de forma "inmediata", repartiranse tamén pantallas faciais individuais aos funcionarios que realizan tarefas de atención ao público nos xulgados de garda, rexistros civís e aqueloutros onde poida haber presenza de cidadanía. 

O TSXG prohibe colocar plásticos nos xulgados para protexerse do...
Comentarios