domingo. 20.06.2021 |
El tiempo
domingo. 20.06.2021
El tiempo

As universidades galegas abren o mércores o seu sexto prazo de matrícula 

Campus de Pontevedra da Uvigo. DAVID FREIRE
Campus de Pontevedra da Uvigo. DAVID FREIRE
Os alumnos poderán realizar o trámite a través da páxina web de cada unha das universidades 

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) anunciou a apertura este mércores do sexto prazo de matrícula nas titulacións con límite de prazas das universidades galegas. Así, estenderase ata as 14,00 horas do venres, día 6. 

Nunha circular, a entidade recorda que poderán matricularse os alumnos que teñan unha cualificación igual ou superior á do último convocado en cada titulación. A matrícula poderá oficializarse a través da páxina web de cada unha das universidades 

A CIUG recordou que alumnos poden consultar as listas de alumnos admitidos ou en lista de espera a partir deste martes nos Lugares de Entrega e Recollida de Documentación (LERD), a través do seu portal web ou do teléfono 881 813 452. 

As universidades galegas abren o mércores o seu sexto prazo de...
Comentarios