martes. 22.09.2020 |
El tiempo
martes. 22.09.2020
El tiempo

As universidades de Santiago e Vigo melloran as súas posicións no Ranking Xangai

Campus de Pontevedra da Uvigo. DAVID FREIRE
Campus de Pontevedra da Uvigo. DAVID FREIRE
Ambas se atopan entre as 600 mellores do mundo

As universidades de Santiago e Vigo escalan posicións entre as mellores institucións académicas do mundo. En concreto, no Academic Ranking of World Universities (ARWU), coñecido como Ranking Xangai. 

A institución compostelá atópase no intervalo 401-500 no ámbito internacional e no 10-13 das mellores de España. 

Pola súa banda, a listaxe confirma o regreso da Universidade de Vigo ao tramo 501-600, no que xa apareceu en 2017 e 2018. 

As institucións recollidas nesta listaxe clasifícanse segundo diversos indicadores de rendemento académico ou de investigación, como o caso do exalumnado ou profesorado premiado con premios Nóbel e medallas Fieldas así como como aquel persoal altamente citado, entre outras. 

As universidades de Santiago e Vigo melloran as súas posicións no...
Comentarios