jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

Uns 150 expertos danse cita nun simposio sobre a proxección internacional do Xacobeo 21

O conselleiro destaca o papel dos de estudos galegos na proxección do ano xubileo

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, inaugurou este venres o I Simposio Internacional Os estudos galegos camiño do Xacobeo 21, que contará ata este sábado coa presenza de 150 especialistas en lingua, cultura e proxección exterior procedentes de 20 países, nomeadamente vencellados á Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos (CEG) da Xunta de Galicia.

O obxectivo do simposio é compartir experiencias e definir os eixes de actuación da difusión e promoción exterior do noso patrimonio cultural e lingüístico enfocándoos cara o Xacobeo 21. "O binomio Centros de Estudos Galegos e Camiño de Santiago suma potencialidades en torno ao gran reto estratéxico que temos por diante: o Xacobeo 21", afirmou o conselleiro. 

O encontro está dirixido especificamente ao persoal docente e investigador das universidades nas que se localizan os Centros de Estudos Galegos (CEG), aos axentes de turismo, a persoal universitario e doutras institucións que traballan en proxección exterior e ao persoal da Administración estreitamente relacionado coa Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos. "O que buscamos con este simposio é compartir experiencias e ademais vainos servir para definir novos eixos de actuación sobre o noso patrimonio cultural e lingüístico", engadiu o titular de Cultura e Turismo.

Deste xeito, durante o simposio, abordaranse diversas liñas de actuación: reforzar a posta en valor do traballo que desenvolven os CEG; establecer eixos comúns de actuación cara á planificación e difusión do vindeiro Xacobeo; recoller as achegas dos CEG para a promoción do Xacobeo; potenciar focos que irradien a cultura xacobeo e abrir liñas de colaboración entre os CEG e as máis de 300 Asociacións de Amigos do Camiño. 

O conselleiro finalizou a súa intervención desexando que "este primeiro foro marque un punto e seguido no desenvolvemento de proxectos comúns que contribúan a facer aínda máis internacional o Camiño, a nosa lingua e a nosa cultura". 

Freixanes, Uxía ou Roi Casal, entre os participantes
O encontro contará coa participación de Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Luis García Montero, director do Instituto Cervantes; Filipa Soares, responsable do Instituto Camôes en Madrid; Gregorio Ferreiro, vicepresidente da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD); María Boguszewicz, presidenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos; directores de diferentes CEG; e os músicos Uxía, Roi Casal, Javier Otero e Guadi Galego, entroutros.

Toda a información e programa dispoñibles no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.

Uns 150 expertos danse cita nun simposio sobre a proxección...
Comentarios