Unha vaca, de 20 anos, pare tres becerros na Fonsagrada

Un dos tenreiros non sobreviviu ► A res é de raza rubia galega

A vaca Belga. TVG
photo_camera A vaca Belga. TVG

Belga, así se chama a vaca de raza rubia galega que pariu tres becerros con vinte anos de idade. A res naceu e criouse no municipio de Baleira e desde fai 16 anos forma parte da explotación gandeira dunha familia da Fonsagrada.

Dos tres tenreiros, dous machos e unha femia, sobreviviron dous que se atopan en perfectas condicións e que pasarán a formar a parte da granxa de agora en diante. Unha chegada que aos propietarios pillou por sorpresa, segundo informa a TVG, xa que non contaban que a vaca volvese quedar preñada tras varias inseminacións erradas.

Agora, Belga intenta recuperarse tras o parto e non descartan que volva reproducirse dentro dun tempo. 

Comentarios