Varios 'instagrammers' enferman tras bañarse nas augas do Monte Neme

Vómitos, mareos, diarreas e irritacións cutáneas ou oculares son algúns dos síntomas que varios destes creadores de contido na Rede experimentaron ao introducirse na auga para realizar fotografías

neme
photo_camera Fotografía no Monte Neme. INSTAGRAM

O colectivo Salvemos A Cabana pediu á Xunta de Galicia "control administrativo" ante os "riscos para a seguridade e a saúde" das antigas balsas do Monte Neme, pertencentes a un complexo mineiro de wolframio. A localización, con espectaculares paisaxes, atópase entre os concellos coruñeses de Carballo e Malpica e converteuse nun escenario moi recorrido entre instagrammers e creadores de contido en redes sociais. Este fenómeno tivo tráxicas consecuencias, posto que varias persoas sufriron problemas de saúde por bañarse nas irresistibles augas de cor azul turquesa.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

“Lleva dentro una guerra, y sin embargo, de vez en cuando estalla en carcajadas” 💙

Una publicación compartida de Lau 🖤 (@lauradesantiago) el

Vómitos, mareos, diarreas e irritacións cutáneas ou oculares son algúns dos síntomas que varios destes bañistas experimentaron, tendo máis dun que ser hospitalizado por danos na pel e no sistema dixestivo. E é que estas balsas forman parte dun complexo das antigas minas de wolframio que empezaron a ser explotadas durante a I Guerra Mundial, non sendo ata a IIGM cando se alcanzou o punto cume, tras a petición de Hitler da extracción deste material, que só se podía atopar na parte norte de España e Portugal naquel entón.

A asociación Salvemos A Cabana incide en que no Monte Neme incumpriuse a lexislación aplicable, tanto a nivel autonómico como Europeo

No ano 2017, a Xunta de Galicia eliminou o anuncio difundido por parte de Turgalicia no que promocionaban esta contorna tóxica dentro da campaña Dáme Galicia.

Varias das persoas afectadas emitiron as súas queixas e afirman "non avistar ningún cartel que alertase do perigo". É por iso que desde 2014 Salvemos A Cabana pediu "a drenaxe e o selado das balsas mineiras ante o risco potencial de accidentes e a toxicidade demostrada da auga das balsas", con alarmante "presenza de elementos como o aluminio", que supón un "risco para a saúde pública e os ecosistemas". A asociación incide en que no Monte Neme incumpriuse a lexislación aplicable, tanto a nivel autonómico como Europeo.

Pero este non é o único caso que se produciu no mundo. Problemas similares rexistráronse noutros puntos do globo, como na cidade siberiana de Novosibirsk.

Comentarios