O vento porá en alerta a todo o litoral galego

A Xunta activou o aviso amarelo nas costas das tres provincias desde o domingo ata o luns

El viento azota A Mariña desde primera hora de la mañana. J. ÁLVEZ
photo_camera A Xunta activa a alerta amarela en todo o litoral. J. ÁLVEZ

Refachos de vento moi fortes en poderán en estado de risco os litorais de Lugo, A Coruña e Pontevedra segundo advirte a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). 

Según informa MeteoGalicia, a partir das 21.00 horas do sábado comenzará o aviso amarelo no litoral por ventos de compoñente oeste, con forza 7 e con algún intervalo de 8. A alerta permanecerá activa ata o luns.

Ademais, as temperaturas irán en descenso na área cantábrica occidental e norte de Aragón e en aumento no resto da Península e Baleares. Neste marco de subidas e baixadas no mercurio, Lugo leva a peor parte, dado que se espera que rexistre a temperatura mínima penínsular, chegando a un grao baixo cero.