O verán arrinca con bo tempo

A situación anticiclónica non durará moito xa que as choivas volverán o sábado

O tempo para este venres. METEOGALICIA
photo_camera O tempo para este venres. METEOGALICIA

Este venres Galicia quedará transitoriamente na influencia das altas presións, polo que se espera unha xornada de bancos de néboa matinais con intervalos de nubes baixas no terzo norte e ceos pouco nubrados ou despexados no resto.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas ascenderán moderadamente. O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral.

Temperaturas mínimas e máximas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 12°/ 22°; Ferrol 12°/ 23°; Lugo 11°/ 22°; Ourense 11°/ 28°; Pontevedra 10°/ 24°; Santiago 12°/ 23°; Vigo 10°/ 22°. 

Comentarios