viernes. 13.12.2019 |
El tiempo
viernes. 13.12.2019
El tiempo

"Vigo merece un alcalde que alardee de medidas contra o cambio climático e non da árbore do Nadal"

Abel Caballero, un alcalde orgullo de su alumbrado.DP
Abel Caballero, un alcalde orgullo de su alumbrado.DP
O movemento Fridays for Future presentou a manifestación que se celebrará o venres en Vigo 

O movemento Fridays for Future presentou este xoves en Vigo os seus obxectivos, así como a manifestación que se celebrará o venres, con motivo da folga mundial polo clima, e enviou unha mensaxe a Abel Caballero: "Preferimos un alcalde que alardee de tomar medidas contra o cambio climático, e non de que ten a árbore de Nadal máis grande". 

Así o trasladaron portavoces deste colectivo, integrado na plataforma Movemento Galego polo Clima, nunha rolda de prensa celebrada na cidade olívica, na que fixeron un chamamento á participación na marcha que sairá este venres, ás 20,00 horas, do cruzamento de Vía Norte con Urzáiz. 

Manel Iglesias sinalou que o Concello de Vigo, que aprobou recentemente a Declaración de Urxencia Climática en pleno, debe tomar medidas que demostren o seu compromiso con esa declaración, e estendeu esa esixencia tamén a outras administracións. "Téñense que tomar isto en serio de verdade (...), se en 2030 non chegamos a emisións cero, isto vaise a pique", sinalou este membro de Fridays for Future

No caso de Vigo, lamentou que o mesmo día en que se aprobou a Declaración de Urxencia Climática, o goberno "deu as costas" aos bombeiros (rexeitando debater unha moción sobre a súa situación), un servizo "esencial" na protección dos montes; ou que "siga adiante coas obras de Porta do Sol". 

María González recordou que as principais reivindicacións que están sobre a mesa son a redución das emisións de CO2 (a medida "máis urxente"), o apoio ás enerxías renovables, cambios nas políticas forestais e agrícolas, modelos de xestión da auga máis eficientes, construción de vivendas bioclimáticas ou maior educación ambiental. 

"Vigo merece un alcalde que alardee de medidas contra o cambio...
Comentarios