lunes. 06.04.2020 |
El tiempo
lunes. 06.04.2020
El tiempo

O delegado do Goberno, sobre a pirotecnia de Tui: "Unha actividade ilegal non pode estar controlada"

Santiago Villanueva.CABALAR (Efe)
Santiago Villanueva.CABALAR (Efe)

Santiago Villanueva defendeu a vixilancia que se exerce sobre as empresas de pirotecnia en Galicia

O delegado do Goberno, Santiago Villanueva, defendeu a vixilancia que se exerce sobre as empresas de pirotecnia en Galicia, un total de 19, tanto con controis por parte de Industria como as semestrais que realiza a Garda Civil. "O que podes controlar é o que está declarado e unha actividade ilegal non pode estar controlada, porque no momento detectado, sería clausurado e sería detida a persoa responsable", apuntou.

En declaracións aos medios este mércores, lembrou as últimas informacións relativas á explosión dun almacén ilegal en Tui, cuxo propietario, dono tamén dunha empresa de pirotecnia, foi enviado a prisión sen fianza este martes despois de ser detido por segunda vez ao ser descubertos outros almacéns irregulares.

Santiago Villanueva mencionou que había máis de mil quilos de material explosivo no almacén e non unicamente material inerte. Ademais, atribuíu á investigación aberta pola Garda Civil a raíz do suceso, que se cobrou dúas vidas, o feito de que se "detectaron" outros dous almacéns ilegais con máis de 1.600-1.700 quilos de material explosivo.

O delegado do Goberno, que volveu a apelar á colaboración cidadá sobre o coñecemento que poida ter sobre almacenamentos con explosivos, defendeu que as empresas de pirotecnia están "moi reguladas" e contan cunha normativa que implica "unha chea dean controis: de almacenamento, manipulación, acceso, venda e medidas de seguridade".

Dito isto, lembrou que se iniciou unha revisión de todas as instalacións, que se fan de forma ordinaria, e desexou que "non se volva producir" unha situación como a vivida a semana pasada no municipio pontevedrés. "A partir de aí, seguiremos traballando por que se continúe a investigación, por se se detecta algún outro almacenamento", apuntou.

FALLOS EN CONTROIS. Ademais de agradecer á Garda Civil o seu labor, Villanueva negou que houbese fallo nos controis. "Non, porque o que se controla por parte da Garda Civil son as instalacións legais", sinalou, antes de lembrar que Galicia conta con numerosos núcleos de poboación e pode almacenarse de forma irregular este material en "calquera garaxe ou galpón".

Villanueva defendeu que os controis se realizan como "en calquera ámbito de actuación" -como o sanitario- e insistiu en que "unha actividade ilegal non pode estar controlada" per se.

O delegado do Goberno, sobre a pirotecnia de Tui: "Unha actividade...
Comentarios