lunes. 21.10.2019 |
El tiempo
lunes. 21.10.2019
El tiempo

Villares critica a "falta de vontade" de Podemos pero "non se oporá" ao senador

Villares, na rolda de prensa na que anuncia a marcha ao grupo mixto. LAVANDEIRA JR
Villares, na rolda de prensa na que anuncia a marcha ao grupo mixto. LAVANDEIRA JR

Lamenta a "decepción social" que supuxo que a deputada Paula Quinteiro "fixese un uso indebido da súa condición de parlamentaria"

O portavoz de En Marea, Luís Villares, criticou este domingo a "falta de vontade absoluta" que, ao seu xuízo, mostrou Podemos no proceso de negociación para chegar a un acordo sobre o senador de designación autonómica que o partido instrumental tiña que elixir, a súa saída xunto con tres deputados afíns ao grupo mixto, "non se oporá". 

"En ningún caso a cuestión do senador é de persoas concretas, senón de acordos políticos. Non temos nada en contra de José Manuel Sande e non nos oporemos á súa designación", indicou Villares nunha entrevista a Radio Nacional de España, recollida por Europa Press. 

Así, subliñou que cando un fai "punto e á parte" hai que deixar atrás os "rancores e enfados" para empezar "sen ningún tipo de ataduras". "Hai unha maioría suficiente para que sexa nomeado", sentenciou Villares, quen tachou de "decisión coherente" que continúe sendo o grupo de En Marea quen decida o senador autonómico e non o PSdeG-PSOE, que na actualidade, após a ruptura, xa é a segunda forza política no Parlamento de Galicia. 

Entre outras críticas, Villares lamentou que a maior parte dos parlamentarios de En Marea "levasen un ano e medio sen seguir as directrices da organización polas que se presentaron ás eleccións". Ante esta situación, "ou se aplicaban medidas disciplinarias" ou, se non valían as regras internas, "debería valer o pacto entre organizacións soberanas".

LEAS 
"Tampouco foi posible esta vía porque non se chegaba a acordos para poder seguir funcionando", explicou Villares, quen apostilou que "o mellor para poder seguir desenvolvendo o proxecto de En Marea era crear un grupo propio, o grupo mixto de En Marea". 

Entre outras "leas", Villares lamentou a "decepción social" que supuxo que a deputada de En Marea afiliada a Podemos Paula Quinteiro "fixese un uso indebido da súa condición de parlamentaria para evitar unha actuación policial", lembrando así o ocorrido en 2018 cando Quinteiro "evitou unha identificación policial nun acto de vandalismo". 

"Foi un golpe duro na nosa imaxe política porque era un golpe no corazón da nosa ética", indicou o portavoz de En Marea, quen lamentou que cada un "debería asumir a súa responsabilidade" e con todo "por unha cuestión partidista (de Podemos) esta compañeira mantívose no cargo". 

Así, indicou que aquel sería o momento de facer "punto e aparte". "Tivemos moitas máis leas que tiveron transcendencia. Querían facer un proxecto político que non foi o votado", afirmou na mesma entrevista, recollida por Europa Press.

"ACOSO E DERRIBO" 
Segundo Villares, En Marea sufriu un "acoso e derribo" despois do Vistalegre 2 de Podemos en Madrid, no cal se realizou un "centrifugado ideolóxico" coa finalidade de construír un partido único en todo o Estado, "algo que choca coa idea de confluencias". 
Preguntado polas críticas que no seu día Xosé Manuel Beiras realizou sobre o secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, Villares lamentou que "Anova non fose coherente con esas críticas á hora de tentar establecer unha reorientación do rumbo". 

Sobre o Futuro de En Marea, Villares asegurou que se presentarán ás eleccións autonómicas de 2020, e indicou que "quedou un espazo orfo" no "centro do espazo progresista" xa que, o PSOE "non chega aos dereitos sociais" e Podemos está nun "proceso de esquerdarización". "Mantemos que en Galicia teñen que tomarse as decisións que afectan a Galicia", pero descartou que a súa organización sexa independentista.

Villares critica a "falta de vontade" de Podemos pero "non se...
Comentarios