domingo. 09.05.2021 |
El tiempo
domingo. 09.05.2021
El tiempo

As vítimas en Galicia elévanse a 1.086 tras sumar outros 17 falecementos

A residencia de Salvaterra. SALVADOR SAS
A residencia de Salvaterra. SALVADOR SAS
Seis dos falecidos que Sanidade notifica este luns perderon a vida na residencia de Salvaterra

As vítimas mortais en Galicia vinculadas coa pandemia do coronavirus elévanse a 1.086, despois de que as autoridades sanitarias comunicasen este luns outros 17 falecementos, dez deles de usuarios de centros xeriátricos na Comunidade. 

Sanidade informou de que, ademais das mortes rexistradas ao longo desta xornada de persoas diagnosticadas con covid-19, a listaxe de 17 falecementos trasladado este luns aos medios completa o reconto de fin de semana realizado por Saúde Pública, tras comprobar que houbo máis casos de falecidos co virus. 

Deste xeito, das 17 persoas cuxo falecemento se notificou este luns, dez procedían de residencias -oito delas faleceron nos propios centros e outras dúas en hospitais-. 

En concreto, perdeu a vida unha muller de 96 anos no Hospital da Mariña que procedía da residencia de San Cibrao, en Cervo; e no Hospital Lucus Augusti (Hula) faleceron outras tres mulleres de 90, 96 e 89 anos, respectivamente. A última destas tres anciás vivía na residencia San Salvador de Guntín. 

Ademais, as autoridades sanitarias notificaron a morte dun home de 70 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) e dun home de 78 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). 

No Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) faleceron dous homes de 91 e 86 anos, e unha muller de 87 anos.

OITO FALECIDOS NAS PROPIAS RESIDENCIAS. Ademais, o parte diario remitido por Sanidade reflicte que faleceron seis usuarios na residencia de Salvaterra de Miño (Pontevedra), intervida pola Xunta: cinco mulleres de 86, 89, 96, 85 e 87 anos; e un home de 80. 

Tamén perdeu a vida na residencia da nosa Señora das Virtudes de Pontedeume unha anciá de 98 anos, e unha muller de 91 na Residencia Nosa Señora dos Milagres de Barbadás. 

As vítimas en Galicia elévanse a 1.086 tras sumar outros 17...
Comentarios