domingo. 20.09.2020 |
El tiempo
domingo. 20.09.2020
El tiempo

As vítimas soben a 696 en Galicia tras sumar outros dous falecidos

Persoas paseando con másca polas rúas de Compostela. PEPE FERRÍN (AGN)
Persoas paseando con másca polas rúas de Compostela. PEPE FERRÍN (AGN)
Este martes faleceron dous usuarios da residencia de Outeiro de Rei

As vítimas que deixa a pandemia do coronavirus en Galicia ascenderon a 696, tras falecer nas últimas horas outras dúas persoas diagnosticadas de Covid-19 no Hospital Lucus Augusti (Hula) e no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee . 

Segundo informa Sanidade, no Hula faleceu un home de 86 anos ligado co brote rexistrado nunha residencia de Outeiro de Rei, onde se comunicou outra morte nesta mesma xornada. En total, perderon a vida oito usuarios deste centro diagnosticados con covid-19. O paciente falecido este martes tiña patoloxías previas. 

A outra falecida, no Virxe da Xunqueira, é unha muller de 91 anos que, segundo as autoridades sanitarias, tamén tiña patoloxías previas. 

Ao longo desta xornada notificáronse catro falecementos ligados á pandemia na Comunidade.

Desde o comezo da 'nova normalidade', o número de pacientes falecidos coa enfermidade en Galicia é de 77, tras a morte dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño sen decesos relacionados co coronavirus. 

O maior balance de falecidos dos últimos meses notificouse o pasado mércores, cando Sanidade informou dun total de sete. A última vez que se superou esta cifra foi o pasado 5 de maio, con nove decesos. 

As vítimas soben a 696 en Galicia tras sumar outros dous falecidos
Comentarios