Os xefes de servizo dimisionarios de Vigo ven "insuficiente" a resposta do Sergas

Asegura que manteñen unha "actitude negociadora" a pesar de que a Xunta non respondese ao burofax remitido despois da finalización da folga realizada en maio nos centros de Atención Primaria

Félix Ruibal. EP
photo_camera Félix Ruibal. EP

Os xefes de Unidade e Servizo da área sanitaria de Vigo que presentaron a súa dimisión o pasado marzo advertiron de que consideran "insuficiente" a resposta do Sergas ante as súas reivindicacións para solucionar a situación de sobrecarga asistencial, que, segundo apuntaron, permanecen vixentes. 

Mediante un comunicado, valoraron a substitución do xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo, Félix Rubial, polo seu homólogo na área sanitaria de Ourense e incidiron en que, deste xeito, abriuse unha "oportunidade" de "diálogo". 

Ademais, afirmaron que manteñen unha "actitude negociadora" a pesar de que a Xunta non respondese ao burofax remitido despois da finalización da folga realizada en maio nos centros de Atención Primaria da área de Vigo. 

Tamén definiron como "primordial" a súa adhesión á Asemblea de Áreas Sanitarias e a súa relación con esta, que consideraron como un "foro de debate" dos profesionais dos centros galegos de Atención Primaria. 

Os antigos xefes de Servizo e Unidade sinalaron así mesmo que permanecen á espera da resposta da administración ao ditame das comisións do Consello Xeral de Colexios Médicos de Galicia e do Colexio Médico de Pontevedra. 

Tamén apuntaron que continúan o proceso de reclamación ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social debido ás súas condicións laborais. 

Comentarios